Español | English
LOTR- La exposicion Inicio Introducción InformaciónPersonajes Escalas

A Exposición

A exposición exhibe un incrible rango de atrezo, traxes, xoias e armas empregadas nesta mastodóntica produción épica. Amósanos o proceso de desenvolvemento do filme dende as ilustracións orixinais empregadas para crear os decorados ata as maquetas finais, atrezo e innovacións de alta tecnoloxía dixital. A exposición explora extensamente como en El Señor de los Anillos. La Trilogía Cinematográfica mesturaron un extraordinario proceso artesanal cos últimos avances informáticos.

sep

Os manequíns e vitrinas adórnanse con exquisitos traxes, armaduras e xoiarías das películas. Os favoritos inclúen o traxe de noiva de Arwen, o impresionante vestido da Raíña Galadriel, e a toga branca de Gandalf. Os traxes tamén inclúen a armadura do Rei Théoden, e os traxes de Aragorn, Legolas e Saruman entre moitos outros do reparto.

Ofreceráselle ao visitante a posibilidade de tocar coas súas propias mans algunhas das armas e cotas de malla empregadas nas películas.

sep

Ademais dos contornos xerados por ordenador, para a triloxía cinematográfica construíronse unha gran cantidade de maquetas. Os visitantes poderán ver de cerca o incrible detalle dalgunhas das moitas miniaturas empregadas nos filmes, incluíndo a visión de Frodo de Hobbiton arruinado, o Mûmak e as Torres de Orthanc e de Barad-dûr, a Fortaleza de Sauron.

Para facer que o visitante viva realmente a experiencia de estar na Terra Media, incluíronse representacións a tamaño real dalgúns dos personaxes máis significativos, como o busto de Bárbore, Gollum e o corpo de Boromir depositado na barca de Lórien.

sep

Unha das razóns polas que El Señor de los Anillos. La Trilogía Cinematográfica colleitou semellante éxito foi que os espectadores se sentiron seducidos polas sorprendentes imaxes xeradas por ordenador (CGI) e a tecnoloxía de escalado.

Os visitantes desta exposición terán a posibilidade de comprender a complexidade de traballar coa tecnoloxía de escalado participando nunha exposición interactiva que inclúe a dúas persoas sentadas nun carromato. ¡O resultado pode facer que un neno pareza máis grande ca seus pais!

The One Ring
Creditos New Line Cinema Te Papa Ilux Visual Technologies